Estimadas familias,

Xa está aberto o prazo para encargar as mallas de patinaxe do colexio. Estas serán necesarias para participar no Día do Patín, pero non son obrigatorias para o Festival de Fin de Curso.

Probas de talla: Martes 18 e xoves 20 de marzo, ao rematar o adestramento.
Prezo: 55€ (posibilidade de pago en dous prazos).

Fondo de mallas do ANPA:
O ANPA dispón dalgunhas unidades, pero en tallas grandes (para maiores de 10 anos) e en cantidade limitada. Se algunha familia está interesada, pode contactar connosco.

Toda a información está na circular adxunta.

Prazo límite para solicitar a malla: Xoves 20 de marzo.

Grazas pola vosa colaboración.