Vigo inclusivo, é un programa de ocio e tempo libre que se está a levar a cabo dende a Concellería de Política Social do Concello de Vigo, e que está dirixido a persoas con diversidade funcional, a partires dos tres anos de idade.
A finalidade deste programa, ademais de favorecer a educación non formal e o desenvolvemento integral de persoas con diversidade funcional é a de permitir a conciliación familiar nos períodos non lectivos (Semana Santa, verán e Nadal).
Este programa incluirá a realización de actividades inclusivas de carácter lúdico e dinámico, excursións e actividades culturais, ademais de obradoiros e actividades específicas.
Poderán ser beneficiarias persoas con diversidade funcional, a partir de tres anos, e empadroadas no Concello de Vigo.
No Campamento de Semana Santa 2024 ofertaranse 35 prazas e realizarse os días 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril no Verbum, en horario de 09:00 h a 14:00 h. Este campamento non inclúe transporte.
En caso de presentarse máis solicitudes que prazas ofertadas, os criterios a seguir para a adxudicación das prazas serán:
1º.- Solicitantes con 65% ou máis de discapacidade.
2ª.- Orde de presentación da solicitude.
Prazo aberto dende o martes 12 de marzo ata o martes 19 de marzo de 2024, ambos inclusive .