Boas tardes, ao longo desta semana pasarasevos o recibo do comedor.
Tede en conta tres cousas:
- Por un lado, ata que non se resolvan as bolsas do comedor, vaise pasar a todas as familias o recibo deste mes. Unha vez resoltas, no caso de que vola dean, devolverasevos o importe íntegro.
- A cobranza do comedor faise os primeiros días do mes seguinte, e sempre é o mesmo importe, xa que están prorrateadas.
- Se queredes darvos de baixa do comedor, tedes que solicitalo antes do día 10 de mes, senón, a cobranza será do mes enteiro.