Este ano, temos moitas sorpresas. Haberá música, bailes, inchables, festa da espuma e… moitos sorteos!

ENTRADAS:

Familias socias:

Para evitar colas, e que no último momento non atopes as túas entradas, este ano poderás conseguila ti mesmo no seguinte enlace:

https://vivetix.com/entradas-festa-fin-de-curso-9fm1#/rvq2pxY6dL3

É moi sinxelo: 

Soamente tes que cubrir os datos e gardar a entrada virtual co QR para o día da festa.

É unha única entrada por familia socia (5 persoas como máximo, 2 adultos e ata 3 nen@s matriculados no cole da mesma familia)

Familias non socias:

Deberán acudir á oficina do ANPA no seu horario habitual. O precio da entrada será de 5 euros.