LISTA DE AXUDAS CONCEDIDAS E PENDENTES DE EMENDAR:
Hai 20.756 bolsas que xa foron aprobadas, podedes comprobar no documento adxunto.
Se vedes que non sae o voso nome posiblemente esteades entre as 1.955 demandas pendentes, e cobrarán os 205 euros por alumno en canto acheguen a documentación pendente.
Todos os solicitantes que estean en lista pendentes de corrección recibirán un SMS cunha ligazón á web municipal onde poderán consultar a documentación que lles falta. Estas persoas recibirán a axuda correspondente unha vez entregada a documentación requirida.