Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo achegamos esta información:
A compañía de teatro A Panadaría na que informan de que, o vindeiro 29 de xuño (xoves), coincidindo co mes da celebración dos actos do Orgullo, representarán no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, a súa peza multipremiada Elisa e Marcela dentro da súa xira de despedida.
Venda de entradas e máis información en: https://entradas.ticketrona.com/es/events/elisa-e-marcela-xira-despedida-vigo
A función vai acompañada dun taller de conciliación familiar de balde dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, para quen o necesite.
Mentres ti gozas da función, as peques van gozar, en compañía de persoal especializado, dunha sesión de xogos teatrais creada para a ocasión. Con esta actividade querémosvos facilitar, ás persoas adultas, tempo e espazo para vir ao teatro e, ás pequechas, unha actividade onde imaxinar todas as posibilidades que ofrece o teatro.