Concello de Vigo, a través do seu programa de Actividades de conciliación familiar en Semana Santa, pon en marcha as actividades infantís e xuvenís de Semana Santa, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes.

A temática das actividades serán xogos cooperativos, xogos deportivos, obradoiros creativos, teatro infantil, interpretación medioambiental, expresión corporal, danza e baile.

Horario: 7:45 a 15:15 h. de luns a venres. Aula matinal de 8:00 a 9:00h. Servizo friameira (levar comida da casa) de 14:00 a 15:00h.

Ano nacemento: para nenos e nenas nados/as entre os anos 2011 e 2019.

Prezo: GRATUÍTO.

Datas: os días 3, 4 ,5 e 10 de abril de 2023.

Lugares de celebración:

  • CEIP DOUTOR FLEMING.
  • CEIP RAMÓN Y CAJAL.
  • COIA – Espazo de Lecer do Pavillón de Coia.
  • TRAVESAS – Pavillón Central das Travesas.
  • XUVENTUDE – Espazo de Lecer da Casa da Xuventude.

Inscricións: dende o mércores 15 de marzo ás 10:00h e ata cubrir prazas.

https://campamentos.xuventudevigo.org/areaprivada/index.php