A Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo presenta a
actividade familiar “Desafógate. Unha aventura acuática” dirixida a nenos e nenas con idades entre 5 e 8 anos.
A actividade consta de dúas partes, unha obra de teatro interpretada por Raquel
Queizás e un obradoiro de reanimación cardiopulmonar (RCP básica) no se que amosarán as técnicas básicas que poden salvar vidas.
Esta actividade familiar fomenta a prevención do afogamento infantil e as condutas
seguras no medio acuático (tanto en piscinas como en ríos ou praias). Asemade
sensibiliza ás familias do bo uso dos espazos destinados ao baño.
A actividade é de balde. A reserva de entradas farase a través da web:
https://corresponsablesuvigo.es
En Vigo:
- 14 de marzo ás 16.00h no CEIP Plurilinüe Frian de Teis
- 17 de marzo ás 17.30h na Oficina municipal do Distrito de Teis. Escola Semente