Semana do 7 ao 18 de marzo.
Lembrámosvos as actividades que terán lugar durante a semana do 6 ao 12 de marzo no marco do programa de actos que o Consello Municipal da Muller, e o Servizo de Igualdade do Concello de Vigo, organizamos en marzo con motivo da conmemoración do “8 de marzo”, Día Internacional das Mulleres.
Martes, 7 de marzo ás 17:30 h. Contacontos para nenas e nenos de 4 a 12 anos a cargo de Beatriz Campos.Lugar: Praza 8 de marzo (Avda das Camelias)
Mércores, 8 de marzo ás 10:00 h. Pleno específico do Consello Municipal da MullerLugar: sala de plenos do Concello.Entrada libre con identificación ata completar a capacidade do local
Xoves, 9 de marzo ás 19:00 h. Recital aberto de poesía de xénero conducido por Iolanda Zúñiga.Desexamos que esta actividade sexa un acto coral polo que nos gustaría que vos sumarades coa achega dun poema da vosa escolla sobre a temática de “muller”, “Igualdade”, para compartila con todas as persoas alí presentes.Lugar: Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa)Entrada libre ata completar a capacidade do local
Venres , 10 de marzo ás 22:00 h. Acto de entrega do XI Premio de Igualdade “Ernestina Otero” que nesta edición 2023 distingue a dona Paz Filgueira Paz.A entrega do premio realizarase no transcurso dunha cea no hotel Coia. Prezo do menú:35€. Inscrición ata o 7 de marzo. (Máis información no documento adxunto).
Sábado, 11 de marzo ás 11:00 h. Visita guiada polo percorrido do roteiro “Sons de Mulleres” a cargo de María Casar.Punto de Encontro: Paseo de Afonso. Sen necesidade de inscrición previa.Duración estimada: 90 minutos.
Para máis información consultade os programas adxuntos e a nosa paxina web www.igualdadevigo.org e facebook “Igualdade Vigo”