Reglamento provisional modificado o 27 de febreiro de 2023

XXXI CROSS ESCOLAR PÁRROCO DON CAMILO

A A.N.P.A. do C.E.I.P. Plurilingüe Párroco Don Camilo, coa colaboración do C.E.I.P. Párroco Don
Camilo, Concello de Vigo, Comesaña Sporting Club e Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o
XXXI Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 12 de marzo de 2023 a partir das 10:30 horas no propio centro escolar e transcorrerá polas rúas de San Andrés de Comesaña.
 Nas carreiras poderán participar tódolos nenos e nenas nados entre o anos 2010 e 2020, ambos inclusive. Tódolos participantes estarán asegurados cun seguro de accidentes contraído por esta A.N.P.A.
 As inscricións, son de balde, deberán facerse na páxina www. anpaparrocodoncamilo.org poñendo o nome e apelidos, a data de nacemento e o colexio ou club que pertenza. As inscrición de tódalas categorías pecharanse sen excepción ás 00:00 horas do día 09 de marzo de 2023. Toda solicitude de inscrición chegada con posterioridade a data peche será rexeitada.
 A ANPA do CEIP plurilingüe Párroco Don Camilo non se responsabiliza dos danos físicos e/ou morais sufridos como consecuencia da participación nesta proba. Todo participante no XXXI Cross Escolar Párroco Don Camilo acepta sen reserva algunha todo o reflectido neste regulamente. Así mesmo, consinte na toma de imaxes, que pasarán a formar parte de páxina web www. anpaparrocodoncamilo.org e ás que se lles poderá dar uso para a promoción das actividades organizadas por esta ANPA.
 Os dorsais serán entregados no Decatlhon do Centro Comercial Meixueiro o Sábado 11 de Marzo en horario de 11:00 a 21:00.Se alguén non poderse recollelos debe poñerse cen contacto coa organización por correo en: cross@anpaparrocodoncamilo.org ou no tel. 600404978
 Entregaranse trofeos e regalos aos primeiros clasificados de cada categoría, excepto na categoría de pais/nais que levarán un regalo, en ambos sexos, e medallas a todos participantes, excepto pais/nais.
 Os atletas do Párroco don Camilo que cheguen primeiros en cada unha das suas categorías percibiran un regalo.
 Tamén haberá un especial recoñecemento para o colexio con mais participación na proba con trofeo, diploma e regalos.
 Na carreira de nais e país, só poderán participar nais e pais que teñan nenos ou nenas que participen neste cross.
 As categorías en competición, orde de saída e distancias serán as seguintes. (Dependendo do número de participantes, poderán agruparse varias categorías nunha mesma carreira):