A A.N.P.A. do C.E.I.P. Plurilingüe Párroco Don Camilo, coa colaboración do C.E.I.P. Párroco Don Camilo, Concello de Vigo e Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o XXXI Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 12 de marzo de 2023 a partir das 10:30 horas no propio centro escolar e transcorrerá polos arredores de San Andrés de Comesaña.

  • Nas carreiras poderán participar tódolos nenos e nenas nados entre o anos 2009 e 2019, ambos inclusive. Tódolos participantes estarán asegurados cun seguro de accidentes contraído por esta A.N.P.A.
  • As inscricións, son de balde, deberán facerse na páxina www.anpaparrocodoncamilo.org poñendo o nome e apelidos, a data de nacemento e o colexio ou club. A inscrición de tódalas categorías pecharase sen excepción ás 00:00 horas do día 09 de marzo de 2023. Toda solicitude de inscrición chegada con posterioridade a data peche será rexeitada.
  • A ANPA do CEIP plurilingüe Párroco Don Camilo non se responsabiliza dos danos físicos e/ou morais sufridos como consecuencia da participación nesta proba. Todo participante no XXXI Cross Escolar Párroco Don Camilo acepta sen reserva algunha todo o reflectido neste regulamente. Así mesmo, consinte na toma de imaxes, que pasarán a formar parte de páxina web www.anpaparrocodoncamilo.org , e ás que se lles poderá dar uso para a promoción das actividades organizadas por esta ANPA.
  • Os dorsais serán entregados pola organización na zona de saída da proba, sita no interior do recinto escolar, ata media hora antes do comezo da proba da categoría correspondente.
  • Entregaranse trofeos ós primeiros clasificados de cada categoría, en ambos sexos, e medallas a todos participantes. Tamén haberá un especial recoñecemento para o colexio con mais participación na proba.
  • Na carreira de nais e país, só poderán participar nais e pais que teñan nenos ou nenas que participen neste cross.
  • As categorías en competición, orde de saída e distancias serán as seguintes. (Dependendo do número de participantes, poderán agruparse varias categorías nunha mesma carreira):

XXXI CROSS ESCOLAR “PÁRROCO DON CAMILO” ORGANIZA A.N.P.A. DO C.E.I.P. PÁRROCO DON CAMILO

Día 12 de marzo de 2023

Sub 14 Infantil masculino2010 – 20111600 metros10:30
Sub 14 Infantil feminino2010 – 20111600 metros10:45
Sub 12 Alevín masculino2012 – 20131100 metros11:00
Sub 12 Alevín feminino2012 – 20131100 metros11.10
Sub 10 Benxamín masculino2014 – 2015800 metros11:20
Sub 10 Benxamín feminino2014 – 2015800 metros11:30
Pais 1100 metros11:40
Nais 800 metros11:45
Sub 8 Prebenxamín masculino2016 – 2017500 metros12:05
Sub 8 Prebenxamin feminino2016 – 2017500 metros12:15
Pitufos masculinos2018 – 2019200 metros12:25
Pitufos femininos2018- 2019200 metros12:35
Olímpicos masculinos+2020100 metros12:40
Olímpicos femininos+2020100 metros12:50
Entrega de trofeos  13:00

CIRCUÍTO 2023