Desde o Anpa “A Barxa” CEIP García Barbón animámosvos a participar nas actividades do programa Coeducando na Barxa 4.

Este ano para o alumnado e as familias organizaronse dous espectáculos:

Elas (Vera Rilo) e Mai Mai (Baobab Teatro).

O primeiro terá lugar:

Cando: o sábado 15 de outubro

Hora: ás 18:00 horas

Onde: no Auditorio Municipal de Teis.

Para asistir podedes anotarvos a través do formulario.:

https://forms.gle/NuzMo3E66LJQXwT3A

Actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade: RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022