O xoves pasado aproveitando que había xarda para comer e realizamos unha actividade cos/as monitores/as do comedor, que nos propoñían dende a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (ACERGA), cos cursos de 1º, 2º e 3º de primaria.

O cerco un xeito de vida” o cal permitiunos promover a cultura e tradición mariñeira vinculada á arte de pesca do cerco e á importancia do peixe na alimentación.

Falamos dos pescados azuis e brancos e a diferencia entre eles, e de como se pesca neste caso a Xarda.

A través da unidade didáctica que levaron a casa teñen acceso a dous xogos en liña e a un concurso de debuxo cuxo gañador levará premio e será a imaxe da felicitación de nadal de a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia ( ACERGA),