Onde:
Pabellón das Travesas (pista central)
Horario:
Comezo: 9.30h
Remate aproximado: 13.15h.
As ximnastas deberán estar:
Martes 9.20 h
Xoves 11.45 h
Hora de actuación:
Martes10.09h
Xoves 12.27 h
- CHEGADA AO PAVILLÓN: Todas as ximnastas deberán estar á hora indicada coa malla posta, maquilladas (opcional) e peiteadas con moño alto. Recomendámosvos que traian unha mochila coas punteiras e unha botella de auga, que lles serve á súa vez, para gardar a roupa que levan por encima da malla, se é o caso, e o calzado no momento da súa actuación.
O uso de máscaras será voluntario. - ENTRADA PAVILLÓN: Farase á hora que aparece enriba. Deberán acceder pola entrada principal (Conserxería) e de aí dirixirse á bancada reservada para ximnastas (situada en fronte ao palco) onde as recibirán as adestradoras.
- VESTIARIO
- Malla.
- Punteiras de cor carne.
- Lixeiramente Maquilladas as que queiran.
4. PEITEADO
- Moño alto e ben peiteado.
- DIA DA RÍTMICA:
As alumnas permanecerán sentadas nas bancadas de ximnastas ata o momento en que vaian actuar. Unha vez finalizada a súa actuación podedes recollelas para facervos responsables delas ata que vaia a ser o desfile final, debido a que a súa adestradora terá que estar con máis actuacións. Aquelas que actúen preto do final, xa poderán quedar nas mesmas bancadas. Quince minutos antes do final do evento, debedes levalas á mesma bancada onde estará a súa adestradora, para así participar no desfile final no cal se lles fará entrega dun obsequio. - IMPORTANTE: As ximnastas que asisten dous días a clase deberán ter en conta a hora da primeira actuación e a partir de aí ver a hora á que teñen que estar na bancada para a segunda actuación. Se non transcorre moito tempo entre unha e outra actuación xa se poden quedar nas bancadas, non fai falta recollelas (menos de media hora).
- DESFILE FINAL: Tras o desfile non volverán subir ás bancadas, xa que acto seguido realizarase a saída e recollida das ximnastas. É por iso polo que vos recomendamos que neste momento leven o menor número de cousas posibles (pezas de roupa, mochilas…non faría falta).