O Concello de Vigo, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza o primeiro certame do Concello de Vigo de creación de xogos de mesa en galego para público infantil e familiar “Xoga en galego”.
No concurso pódese participar de xeito individual e/ou en grupos.
O requisito imprescindible é aceptar e coñecer as bases do concurso que podedes consultar neste enlace: https://snl.vigo.org/post/xoga-en-galego
Os obxectivos que se buscan son:
• Dinamizar o uso da lingua galega entre o colectivo infantil e familiar en contextos educativos e sociais diversos.
• Potenciar a creación lúdica colectiva.
Se vai realizar o vindeiro 29 de abril (venres) no Verbum, dúas actividades informativas e complementarias sobre este certame:
Un obradoiro dirixido a familias con crianzas a partir de 4 anos e unha xornada (in)formativa sobre o propio certame, na que se achegarán recomendacións e consellos para crear xogos de mesa.
Horario: de 18:30 a 19:30
Prazas: 30
Inscrición: chamando ao 010, a partir do 20 de abril
Lugar: salón de actos do Verbum (avda. de Samil, 17).