RESERVA DE PLAZA PARA UN CENTRO ADSCRITO PARA ALUMNADO QUE CAMBIA DE ETAPA CURSO 2022-23
A partir do 11 de xaneiro comezan os prazos para solicitar matrícula en centros de ensino públicos. Os prazos para a formalización da preinscrición e matrícula, marcados por lei na Orde do 12 de marzo de 2013 e modificados este curso pola Orde do 18 de decembro, son os seguintes:
PRAZO 1.
Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de cada ano natural. Cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.
Documentación para a presentación
Comprobación de datos dos restantes membros da unidade de convivencia (Anexo I Bis)
Lugar de presentación: na secretaría dos centros onde se atopa matriculado neste curso ou na Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.
La consulta de los listados de alumnado admitido, que se publicarán antes del día 28 de febrero, debe realizarse en el centro en el que está matriculado en el presente curso o en la aplicación admisionalumnado.
PRAZO 2. PRAZO ORDINARIO. ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS E ADSCRITOS SEN PRAZA
Do 1 ao 21 de marzo: solicitude de praza mediante modelo ED550B (alumnado que quedou sen praza na reserva, alumnado que busca praza nun centro distinto ao de adscrición). Información na páxina da Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.
Lugar: centro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo ou na sede electrónica da Xunta de Galicia vía on line.
Antes do 25 de abril: listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.
As listaxes de admitidos no proceso de reserva deben comprobarse na aplicación de admisión ou in situ no taboleiro de anuncios do centro de ensino de orixe e/ou de admisión [en virtude da actual lexislación de protección de datos]
Antes do 15 de maio: listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.
As listaxes de admitidos no proceso de reserva deben comprobarse na aplicación de admisión ou in situ no taboleiro de anuncios do centro de ensino de orixe e/ou de admisión [en virtude da actual lexislación de protección de datos]
PRAZO 3. MATRÍCULA OFICIAL DE XUÑO
Os prazos para a tramitación dos procedementos de matrícula do alumnado para o próximo curso son os que se indican a continuación:
– Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño
– Formalización de matrícula en ESO e Bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo
– Prazo extraordinario de matrícula en ESO e Bacharelato: 1-10 setembro