Estimadas familias socias, convocamos Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral Extraordinaria da ANPA “A Barxa” do CEIP García Barbón que terá lugar o martes 3 de novembro de 2020 a través de plataforma dixital (será enviado o enlace da reunión previamente ás familias socias).
A Asemblea Xeral Ordinaria comezara ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda convocatoria
Os temas que se tratarán na Orde do día son:
- Sometemento para aprobación da acta da sesión anterior.
- Exposición do estado de contas da ANPA e sometemento para aprobación do balance das contas do curso pasado (2019/2020) e presuposto do curso actual (2020/2021).
- Votación das novas tarifas do comedor.
- Presentación plan de actividade a executar durante o curso escolar 2020-2021.
- Rogos e preguntas.
A Asemblea Xeral Extraordinaria comezara ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria
Os temas que se tratarán na Orde do día son:
- Designación e renovación da Xunta Directiva.
A Vicepresidenta
Maite Pena Rodríguez