Todos os contacontos de «No Nadal un conto» gratis, en galego e sen moverte do salón de casa

Nun ano atípico pola pandemia do coronavirus, o Concello non quixo deixar aos máis pequenos da casa sen os tradicionais contacontos do programa municipal da Concellería de Normalización Lingüística «Non Nadal… un conto».

Podedes ver os 18 contos premendo no seguinte enlace: Vídeos de «No Nadal… un conto»

Curso EN LIÑA de iniciación á escrita creativa (febreiro-marzo-abril 2021)

Gustaríache sacar todo o teu potencial creativo na escrita? Queres tentar as túas
habilidades na lírica e na prosa en galego? Si a resposta é afirmativa, este é o teu
obradoiro.
Na neuroloxía sábese que o coñecemento dun idioma fortalece a capacidade
cognitiva e enriquecémonos como persoas co seu dominio. Un dos xeitos máis
fermosos de medrar e practicar o emprego da creatividade. Embarcar nesta aventura
é unha viaxe de compromiso en equipo. Abordo, agardan a inspiración e asemade o
maior tesouro: atopar os teus textos.
Este obradoiro é unha aproximación a distintos eidos literarios en galego. Usar a
lingua como unha experiencia vital sen restricións de medos ou prexuízos.
Achégate a este obradoiro para practicar o uso do galego dunha forma amena,
para que atopes o teu estilo.


Días e horario: (os xoves) 4, 11, 18, 25 de febreiro, 4, 11, 18, 25 de marzo e 8, 15, 22
de abril de 2021; de 17:00 a 21:00


Lugar: En liña (É necesaria a puntualidade na incorporación e na desconexión da
clase en liña. No caso de incumprimento, non recibirán diploma de asistencia)


Inscrición: De balde, realízase na páxina web da Concellaría de NormalizaciónLingüística cubrindo o formulario.

(Deben encher todos os datos e poñer no título da actividade: escrita creativa)


Requisitos técnicos:Dispoñer dun ordenador/tablet con micrófono e altofalantes,
cámara e unha boa conexión a internet.


Para unha información máis detallada sobre o programa do curso e a protección de
datos, consultar a web.

Cursos EN LIÑA de iniciación á lingua galega, nivel cero e nivel 1 (febreiro-marzo 2021)

Impartidos por: Ana Facchini

NIVEL CERO:
O curso Iniciación á lingua galega nivel 0 está dirixido a persoas, de dentro e fóra de Galicia, sen apenas coñecemento ningún do idioma, que procuran formación para se iniciar na lingua galega e acadar unha competencia moi básica no uso do galego estándar.
O obxectivo primordial deste curso é familiarizarse coa nosa lingua, dun modo práctico e dinámico, dotando ao alumnado dos recursos necesarios para desenvolver unhas mínimas habilidades lingüísticas, que lle permitan satisfacer as súas necesidades de comunicación máis primarias.
 
NIVEL 1:
O curso Iniciación á lingua galega nivel 1 está dirixido a persoas, de dentro e fóra de Galicia, que poidan acreditar unha formación ou coñecemento básico do idioma ou realizasen con anterioridade o Curso de Achegamento á Lingua Galega Nivel 0.*
O obxectivo primordial deste curso é consolidar e ampliar a competencia lingüística do alumnado no uso do galego estándar, axudándoo a resolver as dificultades de carácter teórico ou práctico, ás que habitualmente se enfronta no seu emprego oral e escrito da lingua galega.
 

Para máis información: https://snl.vigo.org/post/cursos-en-lina-de-iniciacion-a-lingua-galega-nivel-cero-e-nivel-1-(febreiro-marzo-2021)

Acompañamento emocional da crianza intensa en familia.

Será o próximo luns 25 de XANEIRO de 17:30 a 19:30.

Correrá a cargo de Xoana Pintos Castro:  educadora social, experta en intelixencia emocional e mediadora familiar con ampla experiencia na xestión do conflito e formadora de habilidades sociais.

Nela expoñeranos como acompañar ás nosas crianzas cando amosan comportamentos intensos, desafiantes e/ou explosivos sen perder a calma no entorno familiar. 

Trátase dunha charla na que se aportarán ferramentas para afrontar situacións tensas e realizaremos varios exercicios prácticos polo que é convinte ter material para escribir, xa sexa lapis e papel como algún procesador de textos.  

Como xa comentamos a principal novidade deste curso é que o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

.Así que se estades interesados non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso.

Inscripcións: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com