AVISO IMPORTANTE – Modificación temporal dos horarios da oficina da ANPA

Bo día,

Por enfermidade do persoal laboral da ANPA vémonos na obriga de modificar os horarios de apertura da oficina:

Novos Horarios:

Resultado de imaxes para: horarios logo

9:00 – 9:30

13:30 – 14:00

Horario adicional para as entradas para o entroido:

15:00 – 17:00

Agardando unha pronta retorna aos horarios habituais, pregamos a colaboración de todas as familias para levar da mellor maneira posible esta situación transitoria.

Todas as Actividades da ANPA continuarán a funcionar coa normalidade de sempre. Para calquera consulta non dubidedes en contactar con nós.

Descargar aviso Novo Horario ANPA a Barxa

Festa de Entroido 2020

A partir do martes 18/2/20 teredes a vosa disposición no local da ANPA as entradas para a Festa do Entroido. Non se entregarán entradas o día da festa pola tarde na porta. Agradecemos que se traia comida (postres de entroido, bicas, biscoitos, etc.). Pódese deixar na ANPA o venres 21/02/20 a partir das 9:00h ou na propia festa.

    • PREZO ENTRADAS FAMILIAS SOCIAS: De balde
    • PREZO ENTRADAS FAMILIAS NON SOCIAS: 5€/entrada
    • Nº DE ENTRADAS A ENTREGAR: 1 por alumna/o mais 2 por familia.
    • HORARIO DA FESTA: 17:00 h. a 19:00 h.

ANPA A BARXA