Liga de Natación Escolar (domingo, 8 de Marzo)

vigo_natacion
Información sobre a competición de natación do Domingo 08/03/15

1.Todos os nenos/as deberán presentarse na Piscina do Carme, Traviesas (R/ Do Carme, 4), no seguinte horario:
a.Categoría benxamín (2003-2006): 8:45 h.
b.Categoría promesa(2007-2009): 11:30 h.

2.Deberán ir provistos de:  Zapatillas, toalla, traxe de baño e complementos de aseo persoal.
A ANPA porá os gorros e as camisetas (para que todos vaian iguais e distinguilos mellor).

3.Para calquera dúbida que poda xurdir poderedes chamar a partir do venres 6 de marzo, pola tarde, ao teléfono que se especifica a continuación: 660 175 215, e contactar coa persoa responsable da actividade.
Cayetana García-Picher (Tana)

4.Todos/as aqueles nenos/as que non poidan asistir, deberán comunicalo con antelación para estar sobreaviso e non prexudicar o transcurso normal da competición.

5.Os pais/nais deberán deixar os nenos/as na porta da piscina, onde as/os responsables da actividade estaranos esperando, e posteriormente dirixirse as bancadas da piscina para ver a competición. Así mesmo tamén deberán recollelos no mesmo sitio no seguinte horario:
a.Categoría benxamín (2003-2006): 11:30 h.
b.Categoría promesa(2007-2009): 14:00 h.

Todos/as os nenos poderán quedarse, se o prefiren, ata o final da convocatoria previo aviso dos pais/nais as responsables da actividade.
Pregamos a tódolos pais/nais a máxima puntualidade para non xerar atrasos no inicio da competición, e para favorecer unha boa organización da actividade.
Todos/as aqueles que non poidan asistir, por favor, avisadeo canto antes no local da ANPA.
ANPA “A BARXA”

Charla sobre «Comunicación»

comunicacionInformámosvos da iniciativa por parte do equipo de prevención do concello de Vigo, o orientador do centro e a ANPA,  da realización da seguinte charla: “Comunicación”: 10 de marzo as 19:00  h. na biblioteca do centro.
Animámosvos a participar, xa que cremos que esta iniciativa é de interese para  todos/as  na procura de orientación e axuda no noso papel de educadores dos nosos fillos e fillas.