¿Canto sabes do Celta?

camisetaCelta1314Organizado pola peña celtista “siareiros.net” en colaboración coa ANPA do CEIP “García Barbón”. Sorteamos 2 camisetas oficiais ADIDAS (*) do equipo da nosa cidade e 3 bufandas desta peña celtista entre os gañadores do concurso que consiste en responder unhas preguntas e colorear o escudo do Celta de Vigo, concurso dedicado soamente aos nenos de: – infantil 4 anos -infantil 5 anos e – 1º de primaria
Repartiranse os formularios para participar polas clases.
(*) as camisetas do premio son da talla “2XS” (nenos/as de 6 anos)

Charlas

charlainformativaInformámosvos da iniciativa por parte do concello de  Vigo (equipo de prevención), o orientador do centro e a ANPA,  da realización das seguintes charlas:

  • “Normas e límites: educar para previr”: 8 de Abril as 18:45 h. na biblioteca do centro.
  • “Comunicación e resolución de conflitos”: 20 de Maio as 18:45 h. na biblioteca do centro. 

Animámosvos a participar, xa que cremos que esta iniciativa é de interese para todos/as na procura de orientación e axuda no noso papel de educadores dos nosos fillos e fillas.

Lembrade a gorra e a crema

MET-AJ-1-NANOEstimados pais/nais de alumnos usuarios/as do comedor. Coa chegada da primaveira e o bo tempo, recordamos a todolos pais e nais que no se olviden de meter na mochila dos nenos unha viseira, gorra ou similar e unha crema solar para ter os nenos protexidos nas horas de maior exposición o sol.

As/os cuidadoras/es do comedor encargaránse de que os/as nenos/as saian o patio coa viseira e de recordar e por a crema a todolos nenos que necesiten axuda.

Tamen informar que no local da ANPA contamos con gorras que estarán dispoñibles para os nenos/as ao módico prezo de 1 €.