Grazas

clicksdelcoleDende os que formamos a directiva da ANPA queremos dar as grazas á dirección do centro, aos e as profes dos nosos fillos/as, e aos pais e nais que axudastes aportando o voso traballo ou parte do voso tempo libre para o noso colexio público sexa cada día mellor. Entre todos estámolo conseguiendo. Que teñades boas vacacións.

Erro no libro de Música (5º e 6º)

clave de solHoubo un erro na nota dos libros de música (datos incorrecto; nome do libro incompleto e o ISBN) do curso que vén dos cursos 5º e 6º, que lle entregaron aos nenos.
Os datos correctos son estos:
Libro: Música Xograr século XXI
Curso 5º: ISBN 978-84-9737-211-4
Curso 6º: ISBN 978-84-9737-212-1

Festa fin de curso 2012/13

findecurso

 

 

 

 

O vindeiro venres 21 de xuño, a partir das 17:00 h da tarde, terá lugar no patio do colexio unha SUPERFESTA DO MÁIS DIVERTIDO, na que haberá moitas sorpresas, todas elas para pasar un bo rato (música, hinchables, talleres e festa da espuma).
Para poder acceder ao Centro será necesario presentar a invitación, as cales estarán a vosa disposición no local da ANPA a partires do venres 14.

Os Prezos son os seguintes:
Para as familias socias da ANPA: 1 entrada de balde por cada membro da unidade familiar (alumnos/as, pais e nais) ex: 2 irmáns alumnos e seus pais = 4 entradas de balde. A maiores poderanse coller 2 entradas a 1 € cada unha.
Para os non socios da ANPA: 5 euros cada entrada.

Faremos unha recollida de comida para a festa. Todos aqueles que queiran contribuír, poderán deixar a súa achega no noso local o mesmo día . Toda a comida debe vir elaborada (bocadillos feitos).
Dende a ANPA solicitamos a participación de todos os país/nais como voluntarios/as.
Grazas pola vosa colaboración.

hinchable2

Voluntarios para a Festa

clicksdelcoleDende a ANPA solicitamos voluntarios e voluntarias que estén dispostos a botar unha man na festa de fin de curso do colexio que se celebrará o venres 21 de Xuño a partir das 17:00. Todos aqueles que queiran axudar que pasen polo local da ANPA para anotarse. Agradecemos a vosa colaboración.