A ANPA A Barxa defende un ensino público, de calidade e igualitario. Un ensino e unha educación que pemita aos nosos fillos e fillas crecer en igualdade e que lles axude construir a súa personalidade libres de estereotipos de xénero.
Con este fin creouse unha comisión de igualdade que organiza algunhas actividades ao longo do curso e que intenta, dentro das nosas posiblidades, ofrecer pequenos recursos que axuden ás familias neste camiño.
Se pinchas na categoría de Igualdade no lateral dereito da web podes ver a información que imos subindo.
E se queres participar, queres colaborar dalgún xeito ou simplemente che interesa o tema, non dubides en poñerte en contacto con nós a través do whatsapp da ANPA ou do correo igualdade@anpagarciabarbon.org