Este ano non haberá campamento de Verán no García Barbón

Estimadas familias,
Comunicamos que este ano non vai ser posible facer o campamento de verán nas instalacións do centro escolar, debido as obras que serán realizadas cando remate o curso.
Vos informaremos de alternativas próximas o noso colexio.
Sentimos as molestias que esto pode ocasionar.

ANPA A BARXA

Charla Prevención e tratamento da Obesidade 5 Abril

¿Sabes se a alimentación dos teus fillos é a correcta?

Propoñémoste unha charla sinxela e práctica que te axudará a que a alimentación dos teus fillos e fillas sexa saudable e creativa.

O venres 5 de Abril na sala multiusos do Colexio García Barbón terá lugar unha charla, organizada pola ANPA «A Barxa», «Prevención e tratamento da obesidade infantil» da man de  Nutrendo.