Fin de curso das actividades

teatrocole
Chega o fin de curso das actividades extraescolares:
– Os alumnos/as da actividade de teatro representarán unha obra para os familiares o día 1/6/17 na sala de usos múltiples ás 17:00h.
– O 25/5  os alumnos/as de Patinaxe e Ximnasia Rítmica no pabillón ás 16:30 para as familias (comenzan os alumnos/as de patinaxe e a continuación ximnasia rítmica)
– O 29/5 os alumnos/as de Kung-fú no pabillón a partir das 16:10
– O 29/5  os alumnos/as de Inglés na sala de usos múltiples ás 16:00

Inscripción a ANPA e Comedor 2017-2018

cropped-cabecera_anpa_playmobil
Aquí tedes o formulario para inscribiros na ANPA e no comedor do colexio para o curso 2017-2018.
Como xa sabedes, cada curso tedes que entregar a solicitude de inscripción para perteñeces a ANPA e isto é condición indispensable para poder ir ao comedor.
Lembrade que non sirve estar de alta en cursos anteriores, hai que inscribirse cada ano, e agora poderas facelo cara o curso 2017-2018.

Se queredes podesde descargar aquí o formulario para cubrir con letra lexible e entregalo no local da ANPA.

Aviso

O próximo martes día 9, o local da ANPA permanecerá pechado salvo de 9:00 a 9:30

Disculpade as molestias

Excursión Illas Cíes

Vigo, Galicia, España

Vigo, Galicia, España

Estimadas familias,

A ANPA está a organizar unha excursión as Illas Cíes o vindeiro domingo 11 de Xuño. A información sobre a excursión é a seguinte:

Saída do porto de Vigo: 11:00 a.m. Regreso das Illas Cíes:  20:00 p.m. (*) Haberá que presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso, para o embarque.

O prezo será o seguinte (bebida e comida non incluída):

 Socios: 10 € adultos e irmáns/ás de socios (nenos/as que sexan alumnos do colexio, de balde).

 Non Socios: 10 € adultos / 10€ nenos/as  Nenos/as de 0 a 3 anos de balde.

Prazo de inscrición e pago da actividade (prazas limitadas: 400):

 Socios: Dende o  10 ao 22 de maio  ou ata esgotar as prazas, no local da ANPA (pago efectivo no momento da inscrición).

 Non socios: os días 23 e 24 de maio, no local da ANPA (pago efectivo no momento da inscrición).

Recollida dos billetes

Os billetes recolleranse no local da ANPA dende o 5 ao 8 de xuño. É imprescindible presentalos o día da excursión.

As prazas asignaranse por rigoroso orden de inscrición.

Podes descargar aquí a folla de inscripción para imprimila e entregala