Abre o prazo para a inscrición nos campamentos de verán da Xunta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe, coincidindo coa presentación da campaña, a orde que rexe a solicitude de praza para os campamentos en Galicia e noutras comunidades. Neste caso o prazo ábrese mañá e ata o vindeiro 7 de maio, incluído. Pola súa banda, a convocatoria para inscribirse nos campos de voluntariado abrirase o vindeiro xoves, día 25, e pecharase o 10 de maio en primeira convocatoria. Toda a información estará dispoñible na páxina web de Xuventude.

Toda a información, prazos, requisigtos e prazas dispoñibles na web da xuventude da xunta aquí.

Este ano non haberá campamento de Verán no García Barbón

Estimadas familias,
Comunicamos que este ano non vai ser posible facer o campamento de verán nas instalacións do centro escolar, debido as obras que serán realizadas cando remate o curso.
Vos informaremos de alternativas próximas o noso colexio.
Sentimos as molestias que esto pode ocasionar.

ANPA A BARXA

Campamento de Verán 2018

Podedes descargar o folleto do campamento aquí

Para facer a inscripción é necesario pasar pola ANPA en horario de 9:00 a 9:30 ou de 13:30 a 19:30 (venres ata as 18:00).

O formulario de inscripción por si queredes imprimilo na casa e levalo xa cos datos o podedes descargar aquí.