
Informámosvos de que xa están abertas as inscricións para o Campamento de Nadal no CEIP García Barbón, organizado por Cocofante en colaboración coa ANPA A Barxa.
-Para inscribirvos, tedes que entrar en Ábaco, seleccionar o servizo “Campamento de Nadal” e, unha vez alí, a propia aplicación redirixiravos ao formulario externo de Cocofante, onde poderedes completar a inscrición e o pagamento seguindo as instrucións indicadas.
Recomendamos revisar con atención toda a información antes de enviar o formulario.
