Cociña divertida

anpa_na_redeFOANPAS organiza un curso de «Cociña divertida» para o próximo 4 de Xuño de 17:00 a 19:00. As prazas son limitadas a 40 alumnos/as e podes anotarte como data límite o 31 de Maio (os nenos de infantil deberán ir acompañados por un adulto). As recetas serán: +Nocilla; +Tarta da avoa; +Brocheta de froita variada; +Piruleta de froita e chocolate.

Sin comedor o 9 de Maio

anpa_comedorCon motivo da folga xeral do vindeiro día 9 de Maio, infórmase aos pais/nais que se suspende o servizo de comedor por non poder garantir o correcto funcionamento do mesmo. Lembramos que hai convocada unha manifestación o mesmo día ás 11:30 na praza de España.