Lembrámosvos ás familias socias que é imprescindible rexistrarse na nova ferramenta ÁBACO antes do xoves 24 de outubro, xa que a partir desa data está previsto lanzar o cobro da cota anual de socios/as a través da aplicación.
Que tedes que facer:
1. Descargar e instalar a app Ábaco Familias → https://abacoapp.es/apps
2. Rexistrarvos correctamente, completando todos os datos da unidade familiar.
• É fundamental incluír os datos dos vosos fillos/as (nome, curso, grupo…).
• Non esquezades indicar correctamente o número de conta bancaria.
3. Activade as notificacións da aplicación para estar ao tanto de todas as novidades e avisos do ANPA.
Nota: Na app aparecerá o estado de “pago pendente” ata que realicemos o cobro da cota.
Agradecemos a vosa colaboración e comprensión neste proceso
