Banco de Libros

librosInformamos a tódolos/as alumnos/as que participarán no banco de libros, que as datas de entrega e recollida de libros son as seguintes:

  1. Entrega: xoves 19 de xuño. Tódolos/as nenos/as terán que traer os libros ao colexio nunha bolsa co seu nome por fora. O longo da mañá pasarase a recollelos polas aulas.
  2. Recollida: xoves 3 de xullo.  Repartiranse os libros entre tódolos solicitantes entre as 11:00 e as 13:00 h. da mañá na sala de usos múltiples do centro.

Agradecer de antemán a vosa colaboración e lembrar a importancia de facer un bo uso dos libros de texto para que moitos nenos/as poidan beneficiarse dos mesmos.