O vindeiro sábado 27 de abril as 10:30, en colaboración coa Comunidade de Montes de Vincios  https://vincios.org/es, Comunidade de Usuarios de Augas Galiñeiro de Vincios ,a ANPA A Barxa do CEIP Plurilingüe García Barbón, invítavos a participar na andaina “O ciclo da auga: do monte ao fogar”

Día e hora: Sábado 27 de abril de 2024 as 10:30
Punto de encontro / saída: Merendeiro do Galiñeiro (Vincios-Gondomar) https://maps.app.goo.gl/CUq193BfzHrjfyqx5
Punto de chegada / final: Depósito de auga da Resteba (Comunidade Augas Galiñeiro Vincios)  https://maps.app.goo.gl/kxw54APF9bpkKQtn9
Lonxitude andaina: 2,5 km

No inicio da andaina ensinarase o sistema de captación de augas nos mananciais do Monte Galiñeiro e ao longo da mesma, como estas son canalizadas pola saia do monte ata o depósito no que a auga captada se somete ao proceso de potabilización para garantir a súa salubridade para consumo humano (ademais de outros posibles usos).

No recorrido teremos a oportunidade de visitar a plantación de carballos realizada polo alumnado do CEIP García Barbón (https://maps.app.goo.gl/hV6252sYBpb7C7xw9).

 Para poder organizar mellor todo o necesario, solicítase a confirmación de participación ata o próximo xoves 25 de abril polas canles habituais de comunicación coa ANPA: whatsapp, app ANPA A Barxa, correo electrónico.


O desprazamento correrá pola conta de cada un dos asistentes, e os alumnos deberán de acudir acompañados polas súas nais, pais ou titores legais.