O teatro ten múltiples beneficios para os nenos e as nenas en etapa escolar:

  • Fomenta a súa imaxinación e creatividade.
  • Favorece a expresión corporal e vocal.
  • Permite experimentar, sentir e percibir distintas emocións, co cal axuda á identificación e manexo das mesmas.
  • Traballa as habilidades sociais.
  • Mellora a autoestima.
  • Reafirma a importancia do traballo en equipo.
  • Potencia a memoria.
  • Promove o amor pola cultura e polas distintas expresións artísticas.

O CORPO EXPRESIVO (EDUCACIÓN INFANTIL)
Obradoiro dirixido a nenos e nenas de 3 a 6 anos de idade, onde
a expresión corporal será o centro de atención.
A finalidade non será crear unha peza de teatro senón indagar
sobre as posibilidades expresivas do corpo e a voz.
O xeito de traballalo será sempre dende o xogo, con
ferramentas como a música, a experimentación con obxectos
cotiás (teas, papel…), a mímica e o xogo simbólico.
Traballaremos con dúas temáticas principais: a natureza e as
emocións.
Un dos obxectivos é crear un espazo onde os nenos e nenas se
sintan libres de expresar e experimentar coas emocións ou
sensacións e onde o emprego do corpo sirva como vehículo de
expresión.

TEATRO DE CREACIÓN (EDUCACIÓN PRIMARIA)
A idea deste obradoiro, a partir dos 6 anos, é darlles ferramentas para
que sexan capaces de crear entre todos e todas unha peza teatral.
Dividiráse en tres bloques coincidindo cos trimestres escolares:

  1. Expresión corporal e vocal. (xogos expresivos, traballo coas
    emocións, coa música…)
  2. Creación de personaxes e escenas. (xogos de improvisación, de
    imitación…)
  3. Montaxe de espectáculo. (ensaios, memorización, creación de
    decorado, de vestiario…)
    A finalidade é ofrecer un espazo onde os nenos e nenas se sintan
    cómodos e con liberdade de expresarse, un espazo de creación
    colectiva.