Neste Nadal, o Servizo de Igualdade oferta para as nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade  obradoiros lúdicos “A volta ao mundo desde a mirada das mulleres”

Nun percorrido polo mundo a través da mirada das mulleres, as nenas e os nenos poderán participar na realización de 4 obradoiros: papiroflexia, animais fantásticos, modelaxe e pasaporte.

Desde o 18 ata o 30 de decembro en horario de mañana e tarde, a xente miúda poderá gozar dun espazo de entretemento e didáctica con perspectiva de xénero. Os obradoiros desenvolveranse en diferentes espazos e zonas da cidade: Teis, Bouzas, Samil, Casco Vello e zona Centro.

NORMAS XERAIS:

– Dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos

– Inscrición por orde de chegada

– Prazas limitadas, grupos reducidos segundo a capacidade de cada local e atendendo ás normas de prevención e protección fronte á COVID-19

– Uso obrigatorio de máscara

– Non está permitido comer durante a participación na actividade.