Este é o terceiro ano que dende A Anpa “ A Barxa” solicitamos as axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e xestionadas pola Secretaría Xeral da Igualdade.
Debido a boa acollida que tiveron as accións programas no programa Coeducando na Barxa 2, tanto polo profesorado como polo alumnado do CEIP García Barbón, decidiuse presentar unha proposta que supoñía unha continuidade do mesmo.
Polo que este outubro desenvolveranse os obradoiros destinados ao alumnado: Contos diversos (infantil, 1º e 2º de primaria) e Xoguemos a poetizar (3º-6º primaria). Obradoiros que levara a cabo Miguel Ángel Alonso Diz (Escritor, poeta, docente, conta contos, …), e os cales teñen como exe central a metodoloxía coeducativa e a perspectiva de xénero, traballándose a educación en igualdade dende o respecto á diferenza.
En breve anunciaremos a data da actividade para as familias.