Informamos das novidades na aula matinal para este curso 2021/22:

Mantemos o servizo ó comedor pola reorganización levada a cabo nas aulas do centro.

As familias non podemos acceder ao interior do edificio do colexio. O acceso ó comedor realizarase pola escaleira exterior. Será necesario rodear o edificio principal, como se fósemos ó pavillón, e subir pola escaleira situada a nosa dereita.

As monitoras recibiran as crianzas nesa porta de comedor, e botaralles o xel desinfectante antes de entrar.

As cativas e cativos terán posta a máscara en todo momento o estar nun mesmo espacio alumno/as de distintos grupos de convivencia.

Distribuiranse no comedor por grupos de convivencia, e mantendo a distancia obrigatoria entre grupos.

O servizo comeza as 7.30 h, como ven sendo habitual, pero este curso a hora límite para deixar as crianzas son as 8:30 h. A partir desa hora, xa non é posible o acceso ó recinto escolar, por parte das familias.

Débese informar ó ANPA (polos medios habituais) aqueles/as usuarios/as eventuais, que van facer uso do servizo de maneira puntual, para poder levar un control de asistencia.

Lembramos cás familias debemos tomar a temperatura dos nosos fillos e fillas antes de saír de casa, e non debemos levalos ó centro en caso de ter febre.

A data de inicio deste servizo é o 9 de setembro

Manteranse as tarifas do curso pasado

-30€/mes individual

-50€ mes dous irmans

– 3€ días soltos.

As familias que van a facer uso da Aula Matinal teñen que mandar un whatsapp al ANPA co nome e apelidos da crianza, mes que comenza e días que farán uso do servicio.