Isabel Zendal: galega, directora dun hospicio e que se converteu na primeira enfermeira en participar nunha misión internacional para levar a vacina da viruela ata América.
Co galo do Dia da Muller e a Nena na Ciencia queremos enviarvos un pequeno documento para axudar a difundir actividades e información de mulleres que pouco a pouco vanse abrindo paso neste mundo de oportunidades desiguais que é o científico.
A necesidade de referentes para os nosos fillos e fillas é imprescidíbel para que entendan e vexan, dende idades temperás, que todas as persoas temos as mesmas capacidades e deberiamos ter as mesmas oportunidades.