Bos días!
Xa temos a seguinte ENAPA deste curso.
Será o próximo luns 21 de DECEMBRO de 17:30 a 19:30.
Correrá a cargo de Paula Suárez, pedagoga especilizada en intervención social.
Falaranos de como abordar a xestión de conflitos na casa.
O fin da formación é favorecer á reflexión en torno aos diferentes estilos educativos, establecer o cambio cara a unha educación en positivo, e dotar ás familias de ferramentas e habilidades que melloren os procesos educativos eliminando e reducindo os niveis de estrés, confusión e conflito… Unha nova visión na relación con nosos/as fillos/as.
Como xa comentamos a principal novidade deste curso é que o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.
Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interedados non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso a:
enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com