expoactivate

Con motivo do inicio do curso escolar 2017 – 2018 temos o pracer de invitarvos a “I EDICIÓN DA EXPO ACTÍVATE” que terá lugar o vindeiro día 14 de setembro no pavillón do colexio dende as 17.30 ata as 19.30 horas.
Expo Actívate é unha feira que organiza a ANPA “A Barxa” coa intención de achegar as diversas actividades extraescolares que estarán a disposición dos/as nosos/as alumnos/as para o mencionado curso escolar.
O obxectivo é que todas as persoas implicadas, na nosa comunidade educativa, poidan resolver calquera tipo de dúbida que xurda á hora de decantarse polo aproveitamento do tempo extraescolar dos nosos/as fillos/as.
Ademais, convértese nunha oportunidade magnífica para que os/as rapaces/zas poidan comprobar de primeira man que é o que máis lles atrae.
Esperamos contar coa tu presenza.