1.Todos os nenos/as xa anotados deberán presentarse na Piscina do Carme, Traviesas (R/ Do Carme, 4), o domingo 1 de Febreiro no seguinte horario:
[+] Categoría benxamín (2003-2006): Citados ás 8:45 h. Inicio das series 9:30 h
[+] Categoría promesa(2007-2009): Citados ás 11:30 h. Inicio das series 12:00 h
2.Deberán ir provistos de:
[+] Zapatillas, toalla, traxe de baño e complementos de aseo persoal.
[+] A ANPA porá os gorros e as camisetas (para que todos vaian iguais e distinguilos mellor). Pasádevos entre hoxe e mañá pola ANPA a recollelos e darásevos un papel para que firmedes o consentimento para facer unhas fotos e vídeo.
3.Para calquera dúbida que poda xurdir poderedes chamar a partir do venres 30 de xaneiro, pola tarde, ao teléfono que se especifica a continuación: 660 175 215, e contactar coa persoa responsable da actividade: Cayetana García-Picher (Tana)
4.Todos/as aqueles nenos/as que non poidan asistir, deberán comunicalo con antelación para estar sobreaviso e non prexudicar o transcurso normal da competición.
5.Os pais/nais deberán deixar os nenos/as na porta da piscina, onde as/os responsables da actividade estaranos esperando, e posteriormente dirixirse as bancadas da piscina para ver a competición. Así mesmo tamén deberán recollelos no mesmo sitio no seguinte horario:
[+] Benxamíns: 11:30 h.
[+] Promesas: 14:00 h.
Todos/as os nenos poderán quedarse, se o prefiren, ata o final da convocatoria previo aviso dos pais/nais as responsables da actividade.
Pregamos a tódolos pais/nais a máxima puntualidade para non xerar atrasos no inicio da competición, e para favorecer unha boa organización da actividade.
ANPA “A Barxa” do CEIP “García Barbón”