Suspensión Actividades Extraescolares en Xuño

Por problemas de xestión vémonos na obriga de suspender as actividades extraescolares no mes de Xuño. Para que as familias poidan organizarse fronte a este cambio manteranse as actividades o que queda de semana.
O luns 6 de Xuño xa non haberá actividades extraescolares e o horario máximo de recollida do alumnado será ás 16:00h.
Pregamos disculpedes a molestias ocasionadas.


Actividades extraescolares curso 2021-2022

Este ano as familias que forman o ANPA participaron nunha chea de eventos.
Plantación dos carballos no monte do Galiñeiro


A liga de natación que realiza o Concello de Vigo


O día do patín no que foron todos os centros e clubs de patinaxe de Vigo


A liga de Baloncesto entre os colexios de Primaria de Vigo

2ª Quenda Excursión a Cíes 21-22

Estimadas familias,

A ANPA está a organizar unha excursión as Illas Cíes o vindeiro 19 de Xuño. A información sobre a excursión é a seguinte:

Máximo 2 adultos por familia. Terán preferencias as familias socias da ANPA. Saída do porto de Vigo: 11.00h a.m.

Regreso das Illas Cíes: 20.00h p.m.

(*) Haberá que presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso, para o embarque.

O prezo dos billetes será o seguinte (bebida e comida non incluída):

  • Socios/as: 8€/persoa (pais, nais, nenos/as e irmáns)
  • No Socios:10€/persoa (pais, nais, nenos/as e irmáns)
  • Nenos/as de 0 a 4 anos de balde (necesitan billete igual)

Prazo de inscrición e pago da actividade dende hoxe ata o vindeiro día 27 de maio (prazas limitadas):

  • Podedes facer o pago da actividade mediante transferencia bancaria a Nº CONTA DO ANPA ES51 0049 5470 5224 1610 6902 poñendo en concepto apelidos da familia e mandarnos o comprobante ó correo anpa,garcia.barbon@gmail.com
    • O podedes facer o pago en efectivo no local del ANPA no horario de 12.30-18.30h

Importe exacto Recollida dos billetes

Os billetes recolleranse no local dá ANPA cando os teñamos disponibles, en horario de 9:00 a 10:00, de 12:30 a 18:30. E imprescindible presentalos o día da excursión. Avisarase cando se poidan pasar a recoller.

Data límite para as inscricións 27 de maio

As prazas asignaranse por rigoroso orden de inscrición. No caso de non cubrirse abrirase un segundo prazo para as familias non socias.

https://forms.gle/UcSSafavirDc9AKH8

Fin de curso Kung – fu

Estimados pais e nais:
Con motivo do final de curso vai realizar unha demostración para que poidan valorar os avances dos nenos/ as.
Dita demostración farase para todos os alumnos tanto os que veñen o luns como os mércores o próximo día 30 de Maio ás 4:20
da tarde no pavillón do colexio , hora de entrada catro da tarde.


Os nenos/ as deben levar a poder ser un pantalón de chándal longo azul mariño ou negro e unha camiseta branca.

Se algún neno/ as non pode asistir informar diso á profesora, .

PARA CALQUERA ACLARACIÓN POÑERSE EN CONTACTO COA PROFESORA

DÍA DA XIMNASIA RITMICA DOMINGO 29 DE MAIO

Onde:

Pabellón das Travesas (pista central)

Horario:

Comezo: 9.30h

Remate aproximado: 13.15h.

As ximnastas deberán estar:
Martes 9.20 h
Xoves 11.45 h

Hora de actuación:

Martes10.09h
Xoves 12.27 h

  1. CHEGADA AO PAVILLÓN: Todas as ximnastas deberán estar á hora indicada coa malla posta, maquilladas (opcional) e peiteadas con moño alto. Recomendámosvos que traian unha mochila coas punteiras e unha botella de auga, que lles serve á súa vez, para gardar a roupa que levan por encima da malla, se é o caso, e o calzado no momento da súa actuación.
    O uso de máscaras será voluntario.
  2. ENTRADA PAVILLÓN: Farase á hora que aparece enriba. Deberán acceder pola entrada principal (Conserxería) e de aí dirixirse á bancada reservada para ximnastas (situada en fronte ao palco) onde as recibirán as adestradoras.
  3. VESTIARIO
  • Malla.
  • Punteiras de cor carne.
  • Lixeiramente Maquilladas as que queiran.

4. PEITEADO

  • Moño alto e ben peiteado.
  • DIA DA RÍTMICA:
    As alumnas permanecerán sentadas nas bancadas de ximnastas ata o momento en que vaian actuar. Unha vez finalizada a súa actuación podedes recollelas para facervos responsables delas ata que vaia a ser o desfile final, debido a que a súa adestradora terá que estar con máis actuacións. Aquelas que actúen preto do final, xa poderán quedar nas mesmas bancadas. Quince minutos antes do final do evento, debedes levalas á mesma bancada onde estará a súa adestradora, para así participar no desfile final no cal se lles fará entrega dun obsequio.
  • IMPORTANTE: As ximnastas que asisten dous días a clase deberán ter en conta a hora da primeira actuación e a partir de aí ver a hora á que teñen que estar na bancada para a segunda actuación. Se non transcorre moito tempo entre unha e outra actuación xa se poden quedar nas bancadas, non fai falta recollelas (menos de media hora).
  • DESFILE FINAL: Tras o desfile non volverán subir ás bancadas, xa que acto seguido realizarase a saída e recollida das ximnastas. É por iso polo que vos recomendamos que neste momento leven o menor número de cousas posibles (pezas de roupa, mochilas…non faría falta).

Axudas libros e material escolar curso 2022-2023

Perído para presentar:

O período para presentar as solicitudes -preferentemente por vía telemática- permanecerá aberto ata o 22 de maio dende o 19 de xuño.

Axudas para material escolar
O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.

O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Trámites por vía telemática
As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,

ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.