Aviso Importante

Bos días,
Informámosvos que estamos coas listaxes de actividades extraescolares.
Dependemos da organización de grupos que fagan as empresas de extraescolares seguindo os protocolos Covid e do consello escolar que se celebrará o vindeiro martes 28.
En canto o Consello escolar aprobe os protocolos das actividades extraescolares informarémosvos se tedes praza nas devanditas actividades.

Inscripción Extraescolares do 15 ao 22 de setembro

Boas tardes,
mandámosvos ligazón para inscribirse nas actividades extraescolares organizadas polo ANPA.
A INSCRICIÓN É DESDE O 15 DE SETEMBRO ATA O 22 DE SETEMBRO
A actividade de esgrima ao final este ano non vai poder facerse.
Teatro 1 día á semana 15€ , no cadro que se enviou a semana pasada o prezo era erroneo.
En multideporte debedes escoller un dos dous días.
AS PRAZAS DAS ACTIVIDADES SON LIMITADAS E ASIGNARÁNSE POR RIGUROSA ORDE DE INSCRIPCIÓN

Actividades Extraescolares

O cadro de actividades extraescolares para o curso 21-22 está pendente de aprobación por parte do  Consello escolar,as actividades que se realizan dentro do Centro escolar,  tal como indica o protocolo da Xunta.En canto teñamos a aprobación indicarase ás familias cando poden comezar a inscribirse nas actividades.
Indicarase polos medios habituais: RSS, páxina web da ANPA e aplicaión da ANPA. 

Aula matinal Curso 2021-2022

               

Informamos das novidades na aula matinal para este curso 2021/22:

Mantemos o servizo ó comedor pola reorganización levada a cabo nas aulas do centro.

As familias non podemos acceder ao interior do edificio do colexio. O acceso ó comedor realizarase pola escaleira exterior. Será necesario rodear o edificio principal, como se fósemos ó pavillón, e subir pola escaleira situada a nosa dereita.

As monitoras recibiran as crianzas nesa porta de comedor, e botaralles o xel desinfectante antes de entrar.

As cativas e cativos terán posta a máscara en todo momento o estar nun mesmo espacio alumno/as de distintos grupos de convivencia.

Distribuiranse no comedor por grupos de convivencia, e mantendo a distancia obrigatoria entre grupos.

O servizo comeza as 7.30 h, como ven sendo habitual, pero este curso a hora límite para deixar as crianzas son as 8:30 h. A partir desa hora, xa non é posible o acceso ó recinto escolar, por parte das familias.

Débese informar ó ANPA (polos medios habituais) aqueles/as usuarios/as eventuais, que van facer uso do servizo de maneira puntual, para poder levar un control de asistencia.

Lembramos cás familias debemos tomar a temperatura dos nosos fillos e fillas antes de saír de casa, e non debemos levalos ó centro en caso de ter febre.

A data de inicio deste servizo é o 9 de setembro

Manteranse as tarifas do curso pasado

-30€/mes individual

-50€ mes dous irmans

– 3€ días soltos.

As familias que van a facer uso da Aula Matinal teñen que mandar un whatsapp al ANPA co nome e apelidos da crianza, mes que comenza e días que farán uso do servicio.

Benvido/a ó curso 2021-2022

Comezamos o 9 de setembro con comedor e aula matinal.

Lembrarvos a ou todos/as os/ as que empezades este ano 4º de infantil que o comedor para vós/as empeza en outubro polo período de adaptación.

Lembrarvos aos que non entregastes a solicitude do ANPA  que podedes facelo en liña na seguinte ligazón: https://forms.gle/3Ktjp8jBxMxnFbJh8

Desde o ANPA queremos transmitirvos que estamos a traballar para que neste curso tanto o comedor como as extraescolares cumpran con todos os protocolos de medidas de hixiene e seguridade.

En canto teñamos máis información sobre  extraescolares farémosvola chegar ben pola aplicación, páxina web ou  RRSS.

as formas de contactar ca ANPA son:

– no teléfono 660175216

– no correo anpa.garcia.barbon@gmail.com

– na aplicación ANPA A Barxa podesdes descargarla en la app Store o si tedes un iphone descargar unha aplicacion que se chama Bandomovil que a atoparedes no App Store

– na páxina do ANPA : ANPA do CEIP García Barbón.