Convocatoria Asamblea Xeral ordinaria

Estimado socio/a, convocámolo/a á Asamblea Xeral Ordinaria da ANPA
“A BARXA” que terá lugar o vindeiro mércores 19 de xuño de 2019, ás
18.00 horas en primeira convocatoria e as 18.30 horas en segunda
convocatoria na nosa sede social.

Descarga aquí a convocatoria da asamblea general ordinara

Normas e recomendacións Illas Cíes

Normas e recomendacións para a visita o Parque natural das Illas Atlánticas.

FESTA FIN DE CURSO 2019

Cartaz Festa fin decurso A BarxaA partir do luns 17/06/2019 teredes á vosa disposición no local da ANPA as entradas para a Festa de Fin de Curso. Poderanse recoller dende o propio luns 17 ata o venres 21 as 14:00.
(No horario habitual da ANPA). Non se entregarán entradas o día da festa pola tarde na porta.
Agradecemos que se traía comida (petiscos variados). Pódense deixar na ANPA o venres 21/06/2019 a partir das 9:00 ou na propia festa.

PREZO ENTRADAS FAMILIAS SOCIAS: De balde
PREZO ENTRADAS FAMILIAS NON SOCIAS: 5€/entrada
No DE ENTRADAS A ENTREGAR: 1 por alumna/o máis 2 por familia
HORARIO DA FESTA: 17:00h – 20:00h

ANPA “A BARXA”