Informámosvos que a data limite de pago da actividade de Piscina Teis modificouse, sendo a data limite o dia 22/09/17 e non o 25/09/17 como aparece na folla de solicitude de actividades.
Moitas grazas e desculpade as molestias.
ANPA A BARXA
Archivo por meses: septiembre 2017
O menú de Setembro
Informarvos que xa tedes disponible o menú do “comedor escolar” correspondente ao mes de Setembro de 2017. Lembrade que tamén atópase clicando na páxina “Comedor” e seleccionando logo o mes adecuado.
Actividades Extraescolares 2017-2018
Aquí podedes descargar a info das «actividades extraescolares» que oferta a ANPA este curso: solicitud_de_actividades_2017-2018
Ven a coñecer as actividades que ofertamos
Con motivo do inicio do curso escolar 2017 – 2018 temos o pracer de invitarvos a “I EDICIÓN DA EXPO ACTÍVATE” que terá lugar o vindeiro día 14 de setembro no pavillón do colexio dende as 17.30 ata as 19.30 horas.
Expo Actívate é unha feira que organiza a ANPA “A Barxa” coa intención de achegar as diversas actividades extraescolares que estarán a disposición dos/as nosos/as alumnos/as para o mencionado curso escolar.
O obxectivo é que todas as persoas implicadas, na nosa comunidade educativa, poidan resolver calquera tipo de dúbida que xurda á hora de decantarse polo aproveitamento do tempo extraescolar dos nosos/as fillos/as.
Ademais, convértese nunha oportunidade magnífica para que os/as rapaces/zas poidan comprobar de primeira man que é o que máis lles atrae.
Esperamos contar coa tu presenza.