Os días mércores 3 e xoves 4 de Decembro teremos unha actividade para familias e alumnado consistente na elaboración dunha pintura mural no patio do noso colexio CEIP García Barbón.
A artista que guiará actividade será Yalisha, do proxecto 85c

“85C é un proxecto creado para que toda persoa que o desexe poida sentir a maxia a través da arte dunhas mulleres que xa non choran para mamar, non saben de axeonllarse e non queren vivir máis na submisión que alguén un día lles quixo impoñer.”