O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe, coincidindo coa presentación da campaña, a orde que rexe a solicitude de praza para os campamentos en Galicia e noutras comunidades. Neste caso o prazo ábrese mañá e ata o vindeiro 7 de maio, incluído. Pola súa banda, a convocatoria para inscribirse nos campos de voluntariado abrirase o vindeiro xoves, día 25, e pecharase o 10 de maio en primeira convocatoria. Toda a información estará dispoñible na páxina web de Xuventude.

Toda a información, prazos, requisigtos e prazas dispoñibles na web da xuventude da xunta aquí.